sábado, 9 de abril de 2016

Biografías

Sabes que a sección de consulta da nosa biblioteca está organizada seguindo a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal). Aquí os libros ordénanse en 10 grupos, numerados do 0 ao 9. Saberías en cal está este título? Por se queres localizalo no catálogo da biblioteca, podes buscalo polo seu número de rexistro. Deste título temos dous exemplares: o 7.216 e o 8.385. A que sección se corresponden?
Podes aproveitar para botarlle unha ollada, e descubrirás datos moi interesantes e divertidos, relatados en primeira persoa.

O DNI de Antoine de Saint-Exupéry

Esta podería ser a fotografía do DNI do noso autor. Pero na documentación figuran tamén outros datos de interese. Nos DNI da nosa biblioteca tamén nos interesan feitos relevantes da súa vida. Como bós investigadores que somos, sabemos onde atopar toda esa información e elaborar o documento completo para Saint-Exupéry. Atréveste?
Non tés máis que buscar no listado de "modelos" da dereita o que precisas para realizar esta actividade. Lembra que tamén dispós de enlaces para páxinas onde podes atopar información.

venres, 8 de abril de 2016

Empezando a coñecelo

Saínt-Exupéry tivo unha vida moi emocionante. Viaxou por todo o mundo e coñeceu moitas persoas. Todos eles estiveron representados dunha forma ou outra en cada obra que escribiu. Queres probar canto sabes acerca de Saint-Exupéry? Consulta algunha biografía, e proba a facer este encrucillado.


Os nomes de Saint-Exupéry

A profesión de Saint-Exupéry

Coñecemos a Saint-Exupéry porque é o autor de "O principiño". Pero a súa profesión non era a de escritor. Se és quen de recompoñer esta fotografía, poderás saber cal era o seu traballo.

mércores, 6 de abril de 2016

Que raro!

Aínda que non o pareza, tamén hai animais que viven no deserto. Ti cres que un deles podería ser "o coello"? Proba a facer unha lista de cousas que "non encaixan" no deserto deste divertido episodio de Looney Tunes.


O deserto

"Vivín así, so, sen ninguén con quen falar de verdade, até que tiven unha avaría no deserto do Sáhara, hai seis anos. Algo escachara no meu motor e, como non me acompañaba nin un mecánico nin pasaxeiros, prepareime para realizar, eu so, unha complicada reparación. Para min tratábase dunha cuestión de vida ou morte. So tiña auga para oito días."



O Sáhara é o lugar máis quente da Terra. Pero agocha unha morea de misterios. Cantas cousas sabes deste lugar do planeta?

Capítulo I

No primeiro capítulo, o autor fálanos de dous animais que aparecen nun libro que leu cando tiña seis anos. Se cadra descubres que animais son recompoñendo estes puzles.

Sería posible que este coubese dentro do anterior?